miércoles, 27 de enero de 2010

+ ALMOFREI......

Aquí vos deixo as fotos dos dous pasos finais que vos decía.
Están moi xuntos e non hai moito espacio para desembarcar entre eles asique feito o primeiro mellor darlle o segundo salto tamén.
O 1º Paso.
Parte do rápido entre os dous saltos.
A entrada ó 2º salto con bastante pedra.
O 2º salto dende abaixo.
A ver se ainda volve a chover e podemos remalo cun pouco mais de auga.

lunes, 25 de enero de 2010

ALMOFREI......

Onte fumos ata preto de Pontevedra a remar o Almofrei.
O tramo é o que remata en Pontebora, onde está a Itv e xa lle tiñamos ganas dende fai tempo, logo dunha baixada un pouco caótica de riada fai uns anos con palas rotas incluidas e kayaks"planchados" entre pedras.
Desta vez remamos Dito, Carro, Sergio, Iván, Milio e o menda e hai que dicir que o caudal era o suficiente pero non metía medo.
É un descenso interesante con dous pasos chulos cara o final que paramos a asegurar,o último destes un salto con pedras na recepción que so remamos Milio mais eu( Sergio toca pagar birras chaval).
Parece ser que estamos collendo forma de novo despois do parón navideño.


Dito sempre con semblante serio

Iván

Milio.
Fixadevos que con máis auga saltar pola dereita debe estar moi ben.

Iván.
Carro.
O "Peque".

Dito
Milio na rampa.
Carro.

O "Peque".

Iván.





















































CLÁSICO, MINI-CREECK ....

A semana pasada fumos ver o tramo do "Tubo" e co auga que levaba era bestial.
Decidimos facer o Clásico de sábado e o domingo demoslle o Mini-creeck( Minicentral-Barciademera).
Coma podedes ver nas fotos o Río ía de vicio asique disfrutamos coma ananos, ainda que máis dun se pegase unha boa nadada(o menda incluido).
O persoal fomos Manolo(nosso), Dito, Iván, Sergio, Carro, Milio mais Eu.


O CLÁSICO CUN BO NIVEL DE AUGA

EMBARQUE DA MINICENTRAL

Eu antes da Ponte

Iván "dándolo todo"

Milio.

A "S" despois da ponte .




















































lunes, 18 de enero de 2010

NOVA EDICIÓN DO PWW,CIRCUITO PORTUGUÉS DE KAYAK EXTREMO

Un ano mais os nosos veciños portugueses seguen liando a xente tola para asistir a estes interesantes eventos nos que prima o kayak e o "convivio" entre piragüistas de todo tipo.
E un ano mais tamén os galegos estaremos apoiando esta iniciativa.

¡VÉMONOS POR TERRAS LUSAS, NON FALTEDES!

Tamecanos
Data : 13 de Febreiro, Mondim de Basto, Río Tamega.

EXTRA-CIRCUITO: INVITATION CASTRO LABOREIRO
Data: 26 de Marzo, Rio Castro Laboreiro.

PaivaFest
Data : 24 de Abril, Arouca, Rio Paiva.

Fafe Kayak Extremo
Data : 15 de Maio, Fafe, Rio Vizela, Rápido de Santa Rita.

*Para ver percorridos alternativos, regulamento das probas, inscricións etc.
http://www.portugalwhitewater.com/

sábado, 16 de enero de 2010

Nova edición do paivafest.........



Para mais información http://paivafest.blogspot.com/

A xente de Salvaterra estará presente coma o ano pasado.
Kayak, river and beer que mais se pode pedir...............