Este sabado remamos o Tea, tramo porriba da Praia Fluvial de Maceira.
O equipo en cuestión fomos o menda, Milio, Miguel e Manolo.O máis veterano do clube(Lampreica) encontrábase en fase de recuperación dunhas molestias musculares....faría algún esforzo raro?... e non puido acompañarnos. Dito é que aproveitei a circunstancia e provei a súa Fluid Solo L. Gran máquina a de Lampreica co novo reestiling e máis rápida que a talla M que usei a tempada pasada.
O tramo remarao xa con David Teixugo pero con auga de máis....jajja.
Hay que agradecerlles a paciencia a él e a Emilio que xa me ensinaron a un par de tramos esta tempada,que siga así...jeje.
O descenso en cuestión e moi agradable, máis continúo que o Clásico claro está, e creo que será unha das nosas primeiras opcións este ano cando rememos por preto da casa.
O comportamento do equipo excepcional coma sempre, ainda que algún se fixera "caquitas" na presa e Miguel non quedase as cañas do final(iso é primordial para unha boa evolución da técnica...).
Coma xa vos dariades conta, o fotógrafo iá de Viños mentres nos baixamos o río asique non podo colgar nada.
Prometidas quedan algunhas fotos no Nadal.....
Alpes Kayak Tour "Crónicas Nómadas"
Hace 3 meses