Milio, Iván, Miguel, Kino e menda na concentración de Mondim de basto e a 1ª Proba do Circuito portugués de kayak extremo.
Con moi bo ambiente, o extremo realizose o sábado no 1º tramo do Río Olo,pola tarde continuamos co 2º tramo e o domingo fixemos un IV/IV+ moi interesante, o Louredo.
Algunha que outra "mini" tamén caiu polas noites, boa gastronomía e fermosas paisaxes.
Non se pode pedir máis.....vémonos no Paivafest en Arouca.
Grande recibimento do amigo Pires e Vilela.
Pura loxística portuguesa.
Bica nun paso potente antes de comezar.
Miguel VS Vilela no extremo.
Iván
Kino.
Eu.
Kayak test de Fluid... visto isto moi estable,
fixo unha boa compra.