Aquí vos deixo o link con información sobre o "II Festival de Canoagem da Terra Quente". Será os días 9, 10 e 11 de Xullo. Eu andarei de rutas itinerantes de kaiak de mar pero intentarei facer unha escapada para apoiar este proxecto nun río con historia... ¡TUA VIVO! http://www.aguasbravasterraquente.blogspot.com/
Os días 19 e 20 de Xuño celebrarase o curso de Iniciadores de piragüismo en Salvaterra. Para todos aqueles que teñades interés en facer o curso de Monitor é requisito indispensable quitar previamente esta titulación. Animádevos e apostemos un pouco pola formación. Máis info: FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGÜISMO http://www.fegapi.org/
Comezo a facer kaiak con 17 anos,algo tarde pero a tempo para quedar atrapado polas Augas Bravas aquí en Galicia. Maís tarde descubriría a modalidade de Kaiak de Mar, na que levo colaborando con varias empresas dende o ano 2006 coma monitor e coordinador de diferentes actividades nas Rías Baixas. Actualmente sigo ligado a ambas disciplinas, son monitor de kaiak titulado pola RFEP, SRT1 e SRT Advance pola S.A.F.E e pretendo ampliar a miña formación e compartir o aprendido. O meu obxectivo e seguir desfrutando deste deporte apaixoante con seguridade.
Este è o meu blog.