lunes, 30 de noviembre de 2009

ALTÍSIMO TEA.....

Este sabado remamos o Tea, tramo porriba da Praia Fluvial de Maceira.
O equipo en cuestión fomos o menda, Milio, Miguel e Manolo.O máis veterano do clube(Lampreica) encontrábase en fase de recuperación dunhas molestias musculares....faría algún esforzo raro?... e non puido acompañarnos. Dito é que aproveitei a circunstancia e provei a súa Fluid Solo L. Gran máquina a de Lampreica co novo reestiling e máis rápida que a talla M que usei a tempada pasada.
O tramo remarao xa con David Teixugo pero con auga de máis....jajja.
Hay que agradecerlles a paciencia a él e a Emilio que xa me ensinaron a un par de tramos esta tempada,que siga así...jeje.
O descenso en cuestión e moi agradable, máis continúo que o Clásico claro está, e creo que será unha das nosas primeiras opcións este ano cando rememos por preto da casa.
O comportamento do equipo excepcional coma sempre, ainda que algún se fixera "caquitas" na presa e Miguel non quedase as cañas do final(iso é primordial para unha boa evolución da técnica...).

Coma xa vos dariades conta, o fotógrafo iá de Viños mentres nos baixamos o río asique non podo colgar nada.
Prometidas quedan algunhas fotos no Nadal.....

5 comentarios:

  1. Gracias por cederme o kayak Jose,este ano trocarei para a L sen dúbida.
    Saudos

    ResponderEliminar
  2. Caquitas!!!!!!!!no sabemos como quedo el pañal despues del saltooo,Jose la fluid un cañon nose como quedaria jajajaja,el descenso muy bonito para mi nivel un poco extresante , tenemos que repetirlo con toda la tropa veteranos incluidos Saludossssss..

    ResponderEliminar
  3. Se fora verdade sería un puntazo, como ilusión pode mellorarse. (U-las fotos?). Saúdos.

    ResponderEliminar
  4. Mellor pensado, vistas as fotos dos anteriores tramos, case mellor que segas só coa escrita, sempre pode recompoñelo a imaxinación do lector, inda que sexan baixadas virtuais. Saúdos.

    ResponderEliminar
  5. Podemos facer unha cousa Antón..como ti non remas podes vir con nos a facer a vanete máis as fotos.....e de paso ves a progresión do teu socio Manolo(fixo un gran negocio vendendo o plátano..)

    P.D. A VER SE EN NADAL TE VEMOS NO AUGA J.L.

    ResponderEliminar